A Deputación financia 50.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos de Barbanza

23 Abril 2021

A Deputación da Coruña reforzou este ano todos os seus programas sociais para facer fronte aos efectos da pandemia. O orzamento da área social da Deputación experimenta este ano unha importante suba do 137% “para non deixar a ninguén atrás na saída da crise”, segundo explica o presidente, Valentín González Formoso.

Os dous principais programas sociais da Deputación, o Fondo Social do Plan Único e o Plan de Servizos Sociais Comunitarios, suman este ano un investimento de 2,7 millóns de euros na comarca de Barbanza, que se destinarán a contratación de persoal especializado en asuntos sociais, axudas a familias con escasos recursos, programas de conciliación ou respiro familiar ou financiamento dos servizos de axuda no fogar (SAF) dos concellos.

SAF, un servizo esencial para maiores e dependentes

González Formoso destacou que os SAF “son un servizo esencial para garantir a atención aos maiores e dependentes nos concellos máis pequenos” e explicou que o apoio da Deputación permite aos municipios da provincia financiar 368.548 horas de axuda de fogar, 77.000 máis que o ano pasado”.

No caso da comarca de Barbanza, a Deputación financia este ano 48.687 horas de axuda no fogar e contrata a 21 profesionais, entre persoal técnico e administrativo, que traballará exclusivamente nas áreas Benestar Social dos municipios da zona.

SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS COMUNITARIOS

EDICION BARBANZA

CONCELLO DEBOIROExp.2021000004668
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIPersoal técnico A2 22.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas7.000,0084.000,00 €
TOTAL  124.000,00 €
    
CONCELLO DECARNOTAExp.2021000003413
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIPersoal técnico A2 22.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas4.956,0059.472,00 €
TOTAL  99.472,00 €
    
CONCELLO DELOUSAMEExp.2021000004801
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIPersoal técnico A2 11.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas4.050,0048.600,00 €
TOTAL  77.600,00 €
    
CONCELLO DEMAZARICOSExp.2021000002117
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIPersoal técnico A2 22.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas6.000,0072.000,00 €
TOTAL  112.000,00 €
    
CONCELLO DEMUROSExp.2021000003450
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIPersoal técnico A2 22.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas2.873,0034.476,00 €
TOTAL  74.476,00 €
    
CONCELLO DENOIAExp.2021000005168
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIIPersoal técnico A1 26.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas5.913,7570.965,00 €
TOTAL  114.965,00 €
CONCELLO DEOUTESExp.2021000004704
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIPersoal técnico A2 22.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas5.000,0060.000,00 €
TOTAL  100.000,00 €
CONCELLODA POBRA DO CARAMIÑALExp.2021000002464
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIIPersoal técnico A1 26.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas2.240,5226.886,24 €
TOTAL  70.886,24 €
    
CONCELLO DEPORTO DO SONExp.2021000003646
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
IIIPersoal técnico A1 26.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas3.453,0041.436,00 €
TOTAL  85.436,00 €
    
CONCELLO DERIANXOExp.2021000004671
MÓDULOMódulo subvencionado Achega máxima
IPersoal administrativo grupo C1 ou C2 (96%) 17.280,00 €
IIPersoal técnico A2 22.000,00 €
IIIPersoal técnico A1 26.000,00 €
IVPersoal auxiliar SAF libre concorrencia – Horas concedidas7.200,0086.400,00 €
TOTAL  151.680,00 €
    
TOTAL CONCELLOSTOTAL CONTRATOSTOTAL HORASTOTAL IMPORTE
102148.687,071.010.515,24 €

Aportación insuficiente da Xunta

“Con este programa, a Deputación quere estar preto da xente que máis o necesita e ofrecer á cidadanía contar uns servizos sociais profesionais e de calidade, independentemente do lugar onde vivan”, afirmou Valentín González, que destacou que a achega da Deputación para financiar os servizos de axuda no fogar é de 12 euros/hora, moi superior aos 9,7 euros/hora que dispón a Xunta de Galicia que, a pesar de ter as competencias na área social, “mantén conxelada a súa achega desde 2016, o que ocasiona unha importante carga económica para os concellos, xa que non cubre nin a metade do prezo dun servizo que a día de hoxe costa arredor de 18 euros/hora, o que obriga aos concellos a asumir a outra metade”, afirmou.

“Os profesionais que a Deputación axuda a contratar son os que buscan solucións aos problemas diarios das persoas máis desfavorecidas ou que atravesan situacións difíciles, os que atenden nas casas aos maiores e dependentes”, explicou González Formoso, que destacou que moitos municipios viron incrementada a carga de traballo do seus servizos sociais debido á crise provocada pola Covid-19.

Estes profesionais atenden cada día a miles de cidadáns con problemas de índole social, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.