Xoves con chuvascos intermitentes e temperaturas máximas en descenso

03 Marzo 2021

O xoves un embolsamento de aire frío en capas altas situado ao oeste de Portugal deixará inestabilidade atmosférica sobre Galicia. Deste xeito, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvascos illados e ocasionais pola tarde, localmente treboentos. As temperaturas ascenderán, sendo este ascenso máis acusado nos valores mínimos. O vento soprará frouxo, de dirección variable, rolando a nordés co transcurso do día.

NO NOSO MAR: Vento variable á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 3 á mañá, 1 a 2 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:070.6 m
Preamar07:303.7 m
Baixamar13:390.8 m
Preamar19:553.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:000.7 m
Preamar07:203.6 m
Baixamar13:310.8 m
Preamar19:463.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:050.6 m
Preamar07:253.6 m
Baixamar13:350.8 m
Preamar19:503.4 m

Depresión de 1010 mb ó oeste de Portugal. Altas presións de 1037 mb ó norte de Escocia.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.