Venres con chuvascos e lixeira suba das temperaturas. O sábado volve o sol

25 Marzo 2021

O venres chegará unha fronte fría a Galicia a partir do mediodía. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con posibilidade de chuvias febles no litoral atlántico. A partir do mediodía o paso da fronte deixará chuvascos nas provincias da Coruña e Lugo e norte da provincia de Pontevedra. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do sudoeste frouxo pola mañá, virando a noroeste, moderado pola tarde para volver a rolar pola noite a nordés.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:133.4 m
Baixamar08:290.8 m
Preamar14:423.4 m
Baixamar20:410.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:053.3 m
Baixamar08:230.9 m
Preamar14:333.3 m
Baixamar20:330.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:103.4 m
Baixamar08:280.8 m
Preamar14:383.4 m
Baixamar20:380.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.