SEA autoriza venda nos polígonos de Rianxo e Vilanova

29 Marzo 2021

A entidade Solo Empresarial do Atlántico (SEA) vén de autorizar novas vendas en Vilanova e Rianxo, nun consello trimestral con operacións de case tres millóns de euros e cifras que, segundo informou a entidade, “baten records”.

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo e o director xeral de SEPES, Lucrecio Fernández, participaron este 29 de marzo no consello de administración da entidade, no que se aprobaron por unanimidade as ditas operacións marca (que supoñen, en total, a mobilización de 60.317 metros cadrados en tan só tres meses).

En concreto, autorizáronse operacións nos polígonos de Monforte de Lemos e Rábade (Lugo); da Laracha, Cee, Vimianzo, Muros e Rianxo (A Coruña) e en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

O caso de Rianxo

No balance deste 29 de marzo lembrouse que este primeiro trimestre do ano reflectiu para SEA a consolidación para impulsar o Polígono de Rianxo, que pasou en apenas dous anos do 15% de ocupación a preto do 70%.

En concreto, pechouse a venda de dúas novas parcelas a Conservas Cerqueira, titulares tamén da marca Pay Pay, por un importe de 727.524 euros máis IVE (11.548 metros cadrados en total) e que se suman aos case 25.000 m2 adquiridos pola compañía en 2020, que ten previsto construír na localidade unhas novas e modernas instalacións, nas que empregue a preto de 400 persoas.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.