Ribeira ofrece en marzo oito espectáculos culturais para adultos e pequenos

01 Marzo 2021

María Sampedro, primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura de Ribeira, presentou este luns o programa de actividades do Concello para este mes de marzo, unha axenda diversa, completa e segura con propostas para maiores e pequerrechos e que se engloba baixo o título Marzo de espectáculo. Trátase de oito citas para subliñar no noso calendario, agora que, paseniño, a mellora da situación sanitaria permite retomar a actividade sobre os escenarios.

Segundo fixo saber a edil, a idea do Concello é ratificar nesta nova desescalada a súa aposta tradicional pola cultura e, tamén por conmemorar dúas efemérides destacadas como son o Día Mundial do Teatro o 27 e o Día Mundial da Poesía, o día 21. “Todo, por suposto, respectando as restricións anti-COVID”, sinalou a concelleira.

Dos oito espectáculos programados, cinco serán para adultos e o resto para público infantil e familiar. Entre as propostas para adultos, que se van celebrar no Auditorio Municipal ás oito da tarde, comezarase co Concerto Con Fusión de Píscore o día 6, para continuar o venres 12 coa obra SÓS da compañía Malasombra, o 18 co espectáculo de Talía A primeira vez, o 26 con O neno da última fila de Redrum e o 27 coa función do Mago Rafa titulada Trío de Ases: A nova maxia-lidade.

Todos estes espectáculos contan coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e “son funcións dunha gran calidade escénica”, salientou a concelleira, quen tamén puxo o foco na programación infantil e familiar, que achegará Ris Ras da compañía Baobab o sábado 13 ás 19 horas no auditorio, e dúas propostas máis o día 27: unha no centro Lustres Rivas a cargo de Xarope Tulú titulada Bichocas ás 12 horas e outra na Casa da Cultura de Castiñeiras coa Historia de Hamelín de Moc Moc ás 18 horas.

Inscrición previa

Dado o aforo limitado, todos os espectáculos, tanto os de adultos como os infantís, requirirán de inscrición previa. Para iso, na semana de cada espectáculo os interesados deberán enviar un correo electrónico a culturaefestexos@ribeira.gal indicando o número de asistentes, relación de convivintes, nome e apelidos e teléfono de contacto, e posteriormente a concellería de Cultura confirmará o número de butacas asignadas ata rematar o aforo. As butacas distribuiranse por convivintes, e entre cada grupo respectaranse as distancias de seguridade; os datos gardaranse durante un mes estritamente co fin de control da pandemia sendo destruídos unha vez finalizado ese tempo sen detectarse ningunha incidencia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.