Rianxo volve implicarse na nova edición do certame Enreguéifate

29 Marzo 2021

O proxecto Enreguéifate comeza a súa busca de estudantes e público xeral para practicar a improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Este certame está impulsado polos Concellos de Ames, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo. Así, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, ademais de moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal do proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, concretamente no ámbito escolar. Polo tanto, inclúense accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

En Rianxo, o programa desenvolverase da man da regueifeira Lupe Blanco, que impartirá 4 obradoiros de regueifa nos centros de ensino. Deste modo, o 12 de abril, a regueifa fará unha parada no CEIP Castelao e no IES Félix Muriel, mentres que o 22 de abril será a quenda do CEP Brea Segade de Taragoña e do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. 

Como cada ano, haberá 2 categorías: unha será xeral e outra centrada soamente no ámbito escolar. Doutra banda, daranse un total de 6 premios. O prazo para presentar as participacións pecha o 28 de maio. A inscrición poderá facerse a través da

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.