“Recuperar terreos estériles é posible se hai vontade”. Manuel González González

07 Marzo 2021

Estamos pisando hoxe o solo que comezou a formarse hai cen anos aproximadamente, cando naceron os nosos avós. Isto danos unha idea do tempo que poden tardar en crearse uns poucos centímetros de terra, cantos millóns de anos foron necesarios para transformar, nun longo proceso de descomposición da materia orgánica de árbores, plantas, animais e minerais, uns poucos metros de chan.
Hoxe en día todo ese patrimonio natural ao que case ninguén fai caso, que se cre que naceu da nada e que se manterá no infinito, está tamén sufrindo, como outros elementos medioambentais do noso planeta, un deterioro preocupante e de perda de solo fértil e utilizable para a produción de alimentos. Diferentes circunstancias, case que todas producidas polo factor humano son as causantes desta perda de riqueza: os lumes, os movementos de terra por infraestruturas, a contaminación do terreo, a minería, os vertedoiros incontrolados, as talas salvaxes de árbores, os monocultivos de
especies esquilmantes, a agricultura e gandería extensiva (industrial), son algúns dos moitos elementos, xunto co cambio climático cos seus bruscos cambios, que aceleran a erosión.
Con todo, hoxe existen métodos naturais e sinxelos para crear solo en curto tempo que se poderían poñer en práctica se todas e todos tiveramos a vontade de facelo e onde hoxe hai pedras ao aire e terreos estériles poderíanse crear verdadeiros verxeis de produción de alimentos.
Resulta incomprensible para unha mente equilibradamente sa e con empatía cos problemas alleos, que tendo tanto terreo para producir alimentos, haxa xente pasando fame. Claro que tampouco somos inxenuos e sabemos que non é a falta de terreo a causa da fame. Inflúen moitos factores, como que a alimentación é un negocio, que as terras, as sementes, a enerxía e os medios de produción e de distribución están nunhas poucas mans que controlan todo ese negocio.
Pero si se pode facer algo, sempre se pode facer algo para cambiar a realidade imposta. Se dende os poderes públicos, os que nos representan a todas e todos, os que deberían velar pola defensa do público crearan proxectos de recuperación de terreos estériles, pódense conseguir hasta vinte ou trinta centímetros de chan fértil cada ano co aproveitamento de toda a materia orgánica que xera un concello e que regalamos e pagamos para que outros se aproveiten deles; tamén con métodos como o chamado HURGELCULTUR con restos de árbores, podas e biomasa, e outros como a
utilización de microorganismos de montaña para acelerar a descomposición de todo este material, métodos todos eles que demostran que nun ano un terreo baldío se pode converter nun bosque comestible que pode alimentar de froitas e verduras a varias familias.
Facede a proba!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...