Porto do Son illado do resto do Barbanza a partir deste venres. Cribado a 2.200 personas de 31 a 50 años no Hospital do Barbanza

04 Marzo 2021

O Concello sonense pasa a Nivel 2 mentres o resto mantense no 3, coa Pobra, Rianxo, Lousame ou Carnota sen contagios na última semana
Ás 00.00 h deste venres, 5 de marzo, o concello coruñés de Porto do Son pasará ao Nivel 2 de restricións, tras a decisión adoptada este luns polo Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia. O que vai provocar que a hostalería teña que pechar o interior dos seus establecementos, podendo manter aberta as terrazas ao 50 %, pero limitándose a mobilidade ao perímetro municipal, xa que só se permitirán desprazamentos cara a ou desde concellos co seu mesmo nivel de restricións.

Mentres na última semana: A Pobra do Caramiñal, Lousame e Rianxo no rexistraron casos. Mentres, en Ribeira e Boiro xa hai menos de 9 casos a sete días, do mesmo xeito que Noia, Outes e Muros. Todos eles cunha Incidencia Acumulada ( IA) por baixo de 75 e, a maior parte, con menos de 25 casos por 100.000 habitantes a sete días.

Deste xeito oss veciños de Porto do Son quedarán illados xa que o resto dos concellos do Barbanza e a maior parte dos de toda a área sanitaria, atópanse nunha situación de Nivel 3, incluídos os de Dodro e Rois que, tras descender a súa incidencia, saen do nivel medio de restricións. Un illamento que, polo menos, prolongarase durante unha semana, ata que o Comité Clínico do próximo luns avalíe de novo a situación e propoña posibles cambios, se a incidencia acumulada descende.

A día de hoxe, o concello de Porto do Son presenta unha incidencia acumulada ( IA) de entre 75 e 125 casos a sete días, mentres que se eleva a entre 150 e 250 a catorce días, tras rexistrarse 16 contaxios nas últimas dúas semanas debido a un brote que se producía no ámbito dunha reunión familiar.

Como consecuencia farase un Cribado este venres 5 e sábado 6 de marzo. Realizarase a 2.200 personas con idades comprendidas entre os 31 e 50 anos do Porto do Son que se citan vía SMS onde lle indicarán a hora e lugar. (salón de actos do Hospital). Prégase asistir e respectar a hora e data da cita.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.