Os socialistas de Ribeira volven pedir actuacións para mellorar as instalacións deportivas da Tasca

17 Marzo 2021

O PSdG-PSOE emitiu un breve comunicado no que insiste na necesidade de mellorar as instalacións deportivas de Aguiño situadas na Tasca, cuxa pista multideporte foi danada polo temporal Karim.

Os socialistas presentaron un rogo no pleno para que se levasen a cabo as debidas reparacións e acondicionamentos, pero, segundo critican, aínda están pendentes de facerse. O grupo tamén puxo o foco na necesidade de arranxar as catro torres de alumeado ou as estruturas de suxeición das redes dos fondos sur e norte.

Ao abeiro do rogo o grupo socialista solicitou no seu día que “por parte de quen corresponda se proceda a valorar o necesario saneamento e pintado das torres, que xa foron causa dalgún incidente anterior, e máis da estrutura de ferro que sostén as redes dos fondos do Campo de Fútbol Municipal da Tasca”.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...