O xoves segue o tempo revolto. Alerta laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra con ondas de ata seis metros

10 Marzo 2021

O xoves Galicia queda no límite da influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas que enviará unha fronte fría. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias que comezarán pola mañá na metade oeste e que co avance do día irán chegando a toda a Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable, mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes entre Bares e Costa da Morte.

NO NOSO MAR: Ventos do suroeste forza 7 pola mañá ao noroeste da Coruña e mar de fondo con ondas de 5 a 7 metros a partir do mediodía en todo o litoral. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 6 a 7 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

A Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se esperan ondas de ata seis metros.

Esta alerta comezará ao mediodía do xoves. Ademais, no oeste da provincia da Coruña espéranse ventos de suroeste de forza 7.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:503.5 m
Baixamar09:050.8 m
Preamar15:193.4 m
Baixamar21:150.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:413.5 m
Baixamar08:580.8 m
Preamar15:093.3 m
Baixamar21:070.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:463.5 m
Baixamar09:020.8 m
Preamar15:153.3 m
Baixamar21:120.8 m

Depresión de 960 mb ó norte de Escocia. Altas presións de 1030 mb en Azores, estendéndose ata o Mediterráneo.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.