O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece durante esta Semana Santa actividades e rutas guiadas

28 Marzo 2021

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia organizará rutas e outro tipo de actividades de balde durante toda a Semana Santa para achegar os valores e a riqueza deste espazo natural a todas as
persoas que decidan aproveitar estas datas para visitar algún dos seus arquipélagos.
Cómpre lembrar que os arquipélagos de Cíes e de Ons se poderán visitar de xeito particular en transporte público ata o vindeiro domingo 4 de abril, un período no que a día de hoxe hai xa máis de 1.100 reservas confirmadas. Do mesmo xeito, Sálvora e Cortegada tamén recibirán visitantes, que participarán en percorridos guiados e dirixidos por persoal
debidamente acreditado das empresas que realizan estas viaxes.
Ao igual que en anos anteriores, o obxectivo do programa deseñado especificamente para as vacacións de Semana Santa é poñer á disposición dos visitantes todo un abano de recursos que lles axuden a coñecer mellor as illas a través de actividades que, dun xeito ameno, transmitan os valores polos que están protexidas.
Así, as persoas que decidan visitar o Parque Nacional nestas datas poderán apuntarse e satisfacer a súa curiosidade sobre a historia dos arquipélagos, as estratexias de supervivencia da vida natural, a riqueza mariña e a problemática dos plásticos mariños. As accións estarán desenvolvidas por guías do Parque Nacional e tamén haberá outro persoal
despregado nas illas para atender e ofrecer información aos visitantes.
Todas as actividades serán de balde e, como único requisito, os interesados terán que anotarse o mesmo día da actividade nas casetas de información localizadas nas inmediacións dos peiraos de Cíes e de Ons. En todo caso, haberá límite de prazas debido á situación xerada pola covid e ás medidas preventivas establecidas, polo que en cada
actividade só poderán participar un máximo de oito persoas, máis un guía, e manterase en todo momento a distancia de seguridade entre os asistentes.
Actividades para todos os públicos
Cada día ofrecerase unha serie de actividades abertas a todos os públicos e outras máis específicas dirixidas a un público infantil e familiar. Entre elas haberá rutas guiadas, os chamados Bocadiños de saber (breves encontros onde un guía explica durante 20 minutos unha curiosidade das illas), mesas expositivas do medio mariño e da contaminación por plásticos, e tamén contacontos de temática ambiental.

As rutas guiadas terán distintas temáticas: a Illa de paisaxes, visitando os miradoiros das illas e descubrindo a vida que se agocha nelas; a Ruta entre mareas, onde investigar como fai a vida mariña para aguantar estar fóra da auga durante a baixa mar; e Un pobo no mar e Unha viaxe do tempo, dúas rutas que desvelan a historia humana das illas.
Nos encontros Bocadiños de saber responderase ás preguntas máis frecuentes que adoitan facer os visitantes das Illas Atlánticas, como por que a auga está tan fría ou por que a area das praias é tan branca.
A mesa expositiva ao aire libre pretende mostrar a riqueza que teñen os fondos mariños do parque nacional, amosando as súas paisaxes submarinas, cunchas, algas e outros rastros, así como concienciar sobre a problemática ambiental asociada á contaminación provocada polos plásticos.
Por último, cómpre lembrar que para poder visitar as illas Cíes e Ons en transporte público no período de Semana Santa é preciso solicitar previamente unha autorización gratuíta da Xunta a través da web https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal .
Mentres, as persoas interesadas en viaxar nos próximos días ás illas de Sálvora e Cortegada, poderán facelo tamén coas empresas autorizadas e desde unha serie de portos que se poden consultar na páxina web do parque.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...