O mércores teremos ceo con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados

02 Marzo 2021

O mércores a comarca e Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas ao leste de Europa e un centro de baixas presións entre Azores e Portugal. Así, o ceo presentará nubes de tipo medio e alto que non impedirán o paso do sol, con néboas matinais en comarcas do interior. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente 18-20 graos. O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente sur.

meteogalicia

Baixas presións de 1008 mb ao oeste de Portugal. Altas presións de 1030 mb ao leste de Europa.

NO NOSO MAR: Vento do sueste á mañá e variable á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:220.4 m
Preamar06:423.9 m
Baixamar12:530.5 m
Preamar19:053.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:150.5 m
Preamar06:333.8 m
Baixamar12:450.6 m
Preamar18:583.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:200.4 m
Preamar06:383.9 m
Baixamar12:490.5 m
Preamar19:023.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A esperanza” – José Manuel Pena

“A esperanza” – José Manuel Pena

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.