O libro Aproximacións a Manoel Antonio preséntase en Rianxo o 18 de marzo

11 Marzo 2021

Finalmente, logo dunha primeira convocatoria en xaneiro que tivo que ser cancelada por mor dun intre especialmente crítico da pandemia, este 18 de marzo (ás 20.00 horas) vaise presentar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a obra Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luís Axeitos. A actividade enmárcase no eixo dos Actos Castelao 2021 do Concello.

Na apertura e no peche do acto tocarán dous músicos da Escola de Rianxo, Sara García Alcalde co seu clarinete e máis Félix Iago Rodríguez Ramos acompañado do seu bombardino. Ademais do autor, tamén acudirán á celebración María Xesús Blanco, vicepresidenta da Asociación Cultural Barbantia, Roberto Abuín, de Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. Tamén está previsto que se leve a cabo unha intervención plástica en directo a cargo do artista Xosé Luís Veiras Manteiga.

Todas aquelas persoas que queiran acudir, deberán reservar a entrada de balde a través do correo do Auditorio de Rianxo, auditorio@concelloderianxo.gal, ou ben no teléfono 664 183 217 (até o 17 de marzo). A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.