O Concello de Lousame retoma as visitas guiadas no Museo das Minas de San Finx

12 Marzo 2021

O Concello de Lousame retoma as visitas guiadas no Museo das Minas de San Finx, xa que debido á situación epidemiolóxica provocada pola COVID – 19 non se puideron levar a cabo. De feito, o Museo tivo que pechar ao público entre marzo e xullo, ademais do mes de novembro.

Neste momento xa se poden realizar reservas para as visitas guiadas. Os grupos que queiran acudir non poderán superar o número máximo permitido polas autoridades sanitarias. Dita cifra actualizarase segundo a evolución do número de casos e as medidas establecidas polos executivos autonómicos e estatais. Así, a concelleira de Cultura, Silvia Agrofojo, explicou que “a volta destas visitas é froito da aposta por seguir desfrutando da cultura nunha contorna segura dende a perspectiva sanitaria”.

Todas as visitas teñen unha duración dunha hora e poderán realizarse calquera día da semana, dependendo do número de reservas e prazas dispoñíbeis. Os interesados deberán chamar ao número de teléfono 981820494 ou enviar un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...