O Concello de Boiro somete a unha mellora xeral o interior e o exterior do complexo da Cachada

05 Marzo 2021

O Concello de Boiro vén de facer balance dos traballos que se están a realizar para a renovación e o mantemento do complexo deportivo da Cachada. Neste momento estanse a substituír os falsos teitos do vaso da piscina e dos corredores da instalación, unha obra que conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

O Concello explica que “as obras estanse levando a cabo tanto no interior como no exterior da instalación e, con elas, vanse eliminar as filtracións de auga que existían na instalación e mellorar a iluminación, ademais de embelecer a imaxe do edificio”.

Os traballos inclúen a renovación da teitume do vestíbulo e o paso que comunica a piscina, o ximnasio e o polideportivo, con vistas “a corrixir as filtracións motivas pola corrosión dos elementos metálicos da estrutura”. Tamén se está a substituír o alumeado por lámpadas LED. Igualmente, acometeuse o pintado das paredes da piscina e corredores da instalación e arranxáronse as deficiencias nos vestiarios.

O Concello engadiu que vai actuar tamén na maquinaria de filtrado da propia piscina, o que implica a substitución dos filtros de auga e da maquinaria de deshumidificación do aire.

“O obxectivo destas actuacións é que o complexo poida retomar a súa actividade canto antes, mellorando a experiencia dos usuarios e con todas as medidas de salubridade e comodidade para a veciñanza”, concluíu o Goberno local.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.