O Concello de Boiro licita as obras de instalación de auga potábel en Bealo

18 Marzo 2021

O Concello de Boiro licitou as obras de instalación de auga potábel na parroquia de Bealo. Con estas obras, financiadas con cargo ao POS 2020 da Deputación Provincial da Coruña, vaise completar a actuación para a dotación do devandito servizo básico das vivendas do dito núcleo que quedaron sen el na dúas primeiras fases de execución desta obra. Trátase, en palabras do Concello, “dunha demanda histórica da veciñanza de Bealo”.

Coa actuación que agora está en licitación vaise completar a rede de auga potábel programada e vaise levar ás vivendas mais afastadas da rede principal de abastecemento. Coa actuación pretendese executar a zona lateral dos beirís das vías existentes, dun total de 5.160 metros repartidos en seis tramos para proceder á instalación do tubo principal de abastecemento.

Logo desta actuación conectarase o abastecemento a cada vivenda, ata o pé de cada propiedade, incluíndo arquetas e chaves de corte, para logo repoñer o pavimento danado. O orzamento total da actuación que está en proceso de licitación é 242.729,76 euros. O Concello de Boiro conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña para a execución destas obras, que se van levar a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS 2020).

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...