O BNG visitou o río Pesqueira en Lousame para visualizar os problemas fluviais

31 Marzo 2021

Rosana Pérez, a deputada do BNG, e Anxo Moledo, o portavoz da formación en Lousame, visitaron o río Pesqueira en Lousame para visualizar os problemas fluviais, derivados do abandono dos leitos na localidade. Segundo subliñaron, neste río “pódense apreciar diversas acumulacións de ramallos e follaxe nas balsas, que rematan por alterar o leito e fan que o río gañe terreo ás fincas onde os veciños realizan a actividade agrícola”.

Moledo sinalou que “este problema foi derivado ao concello pero a solicitude de actuación foi ignorada polo goberno local”. Do mesmo xeito, Pérez afirmou sentirse “asombrada polo total abandono do leito e as importantes consecuencias que ten sobre as fincas particulares” e explicou que “no caso de non atender nin concello nin administración galega a esta demanda da veciñanza afectada, será o BNG quen tomará a iniciativa no parlamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.