O BNG reclama en Ribeira a rebaixa inmediata nas portaxes da AP-9

12 Marzo 2021

Ribeira foi escenario dun novo acto reivindicativo por parte do BNG para exixir a rebaixa inmediata nas portaxes da AP-9. A deputada do BNG no parlamento galego, Rosana Pérez, estivo acompañada do alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, os concelleiros Xosé Vázquez, Luís Pérez , Carlos Ansoar e o membro do Consello Comarcal Manel Casal.
A deputada nacionalista avanzou que a colocación de faixas está enmarcada dentro da campaña social Basta de aldraxe a Galiza, e explicou que se levarán a cabo caravanas automobilísticas para facer que o goberno estatal cumpra co pactado. “Hai que rematar coa estafa legalizada que supón as portaxes da AP-9 e tamén co agravio que implica que teñamos unha das autoestradas máis caras do Estado”, afirmou Rosana Pérez.
Por outra parte, os nacionalista explicaron que “non hai razón ningunha para que se siga demorando a aplicación das medidas previstas nos Orzamento do Estado para evitar subidas previstas nos convenios de 2011 e 2013 ou a gratuidade dun tramo como é o caso de Vigo-Redondela”. Ademais, Pérez Fernández criticou a inacción do
Goberno do Estado coa sociedade galega xa que “os galegos contribuímos a pagar tamén cos nosos impostos o rescate das radiais madrileñas eu que o Goberno Español racanee 55 millóns de euros para pór en marcha estes descontos da AP-9”.
Dende a sede bloquista indican que manter as tarifas actuais da AP-9 supón un grave lastre para “moitas familias da Barbanza que teñen que empregar a autoestrada tódolos días por motivos laborais”. Ademais recordaron que a Barbanza é unha bisbarra profundamente industrial e as abusivas peaxes supoñen unha perda na
competitividade das empresas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.