O BNG reclama ao Concello de Ribeira a apertura da piscina con garantías sanitarias

01 Marzo 2021

A favorábel evolución da COVID-19 nos últimos días na comarca permitiu levar a cabo unha desescalada que afectou a moitos ámbitos, entre eles o do deporte. Ribeira, no terceiro nivel, procedeu a apertura de recintos deportivo e ximnasios, coa excepción da Piscina Municipal, situación que reclaman cambiar dende o BNG.

Os bloquistas de Ribeira instan, deste xeito, ao Concello de Ribeira a abrir a piscina municipal con garantías sanitarias tras doce meses pechada. “En moitos municipios da contorna como Rianxo, Porto do Son ou Outes, permiten a práctica deportiva nas súas piscinas dunha maneira segura”, explica o concelleiro, Luis Pérez Barral.

A necesidade de potenciar os hábitos de vida saudábeis nos cidadáns é o principal argumento do BNG para reabrir a piscina, pois destacan que “a natación é un deporte moi beneficioso pois produce baixo impacto nas articulacións fronte a outros deportes e mellora o sistema circulatoria e incrementa a capacidade pulmonar”.

O BNG reclama apertura da piscina municipal para antes de que finalice o mes de marzo, a través dunhas normas claras que garantan o uso seguro desta instalación por parte da veciñanza, e que o “goberno local debe preparar o protocolo adecuado”. Dende a sede nacionalista porán en marcha unha iniciativa para pedirlle explicacións ao alcalde, Manuel Ruíz, sobre a decisión de non abrir a piscina municipal.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.