O BNG de Ribeira reclama unha maior atención á limpeza dos ríos con sistemas manuais

10 Marzo 2021

O río Sanchanás-Artes, o principal curso fluvial do termo ribeirense

O BNG ribeirense esixe ao Concello de Ribeira a limpeza dos ríos, regatos e regos do termo municipal, co fin de “preservar a vexetación autóctona e manter os valores naturais destes espazos”.

Dende a sede bloquista mostran o exemplo do percorrido do río Artes ou en Figueirido no rego das Saíñas: “As tarefas de limpeza e mantementos destes espazos ten que ser compatíbel coa preservación da biodiversidade que existe nestes hábitats polo que poñer o máximo coidado é fundamental”, explica o concelleiro, Luís Pérez Barral.

Esta iniciativa nace despois de que se produciran importantes subas no nivel da auga tras os temporais previos. Así, o BNG cree importante “realizar labores de adecuación de marxes e retirada de árbores caídas que obstrúen o leito fluvial e así rematar con danos ocasionados nos ecosistemas destas zonas”.

O Bloque Nacionalista, co fin de levar a cabo esta actuación, propoñerá ao Concello de Ribeira que leve a cabo as tarefas de adecuación e renovación destes espazos “de acordo aos criterios de coidado ambiental”. Ademais insta a Augas de Galicia e outras administracións competentes a que sexan estas entidades as que realicen as limpezas dos contornos fluviais para garantir a correcta preservación da flora e da fauna autóctona.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.