O BNG de Ribeira denuncia a demora na construción da nova biblioteca

22 Marzo 2021
Os representantes do BNG diante do histórico edificio que acubillará a biblioteca de Ribeira: a Casa Gran Sol

En 2019, a Corporación Municipal de Ribeira aprobou a proposta do BNG que consistía na construción dunha nova biblioteca, dotada de servizos como unha sala de lectura e de estudo, ludoteca, unha sala dixital, etc. O BNG, pasado este tempo, criticou publicamente este 22 de marzo os atrasos aos que se está a someter o proxecto.

Segundo Xosé Vázquez Cobas, o voceiro nacionalista, “neste momento a parálise do Goberno de Ruíz Rivas é total”, pois nos orzamentos do 2020 contemplábase que a metade dos investimentos serían destinadas á adecuación da biblioteca e “non se está facendo nada nin hai avances na tramitación ou na execución”.

O BNG de Ribeira considera unha prioridade a construción da nova biblioteca, xa que a actual instalación comparte espazo para a celebración de actividades, para o estudo e para a lectura, e isto provoca molestias ás persoas que empregan o servizo público. Doutra banda, o local ten enriba un espazo musical, que tamén produce moito ruído.

Desta forma, o voceiro nacionalista acusa ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, de ter a administración local “totalmente paralizada” e sinala que “non hai desculpa posíbel pois os trámites están feitos e hai partidas orzamentarias contempladas no orzamento para poder realizar as actuacións necesarias”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.