Evacuado a Ribeira un mariñeiro rescatado dunha zona de rocas de Illa Vionta tras varar a súa embarcación

30 Marzo 2021

Un mariñeiro de 39 anos, foi rescatado nas rochas, esta mañá, despois de que a súa embarcación quedase encallada entre a Illa de Sálvora e o lugar de Aguiño, no concello coruñés de Ribeira.

Pouco despois das 09:00 horas, o 112 Galicia recibiu o aviso do suceso mediante a Sala de Gardacostas de Galicia. Inmediatamente, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron ao Servizo de Salvamento Marítimo de Fisterra, á Policía Nacional e Local do municipio, aos membros do GAEM e Protección Civil de Ribeira e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061.

Minutos despois de ter coñecemento do feito, o posto de Salvamento Marítimo de Fisterra confirmoulle ao 112 Galicia que, pese a estar mobilizado o helicóptero de rescate Pesca-I, a súa intervención quedou anulada ao ser o pescador rescatado e evacuado nunha embarcación, ata o porto de Aguiño. Desde alí, foi trasladado ata o Hospital do Barbanza.

Illa de Sálvora. Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.