O 14 de marzo recala en Rianxo unha traxicomedia sobre as consecuencias dos confinamentos: 32m²

04 Marzo 2021

A compañía ButacaZero representará a obra teatral 32m² na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Será o domingo 14 de marzo ás 19.30 horas. O espectáculo enmárcase na programación cultural para celebrar o 8-M, Día Internacional da Muller, no concello de Rianxo. A peza 32 metros cadrados é obra da escritora local Esther Carrodeguas. Está interpretada por Xurxo Cortázar e Laura Villaverde e conta na dirección coa propia autora do libreto e máis con Xavier Castiñeira.

Argumento

Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada.

En palabras da compañía ButacaZero, “32m² é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...