Noia Histórica lanza a campaña Bye bye rebaixas

05 Marzo 2021

A Asociación Noia Histórica vén de pór en marcha unha nova campaña baixo o nome de Bye bye rebaixas, co fin de aumentar o número de ventas da zona e fomentar así o comercio local, un dos sectores máis afectados pola COVID-19.

Tras cinco anos nos que se viña desenvolvendo a tradicional Feira do Comercio, neste 2021 será substituída por Bye bye rebaixas, que se levará a cabo en cada un dos establecementos participantes ata este domingo.

A iniciativa foi presentada por Ana Petisco, vicepresidenta da patronal, e María del Carmen Vázquez, a tesoureira, que aproveitou para destacar a “importancia desta campaña porque, xa que non se puido facer a de primavera de todos os anos, é como un final de rebaixas pero cun aliciente importante, que é que todos os produtos da tenda teñen un cincuenta por cento de desconto como mínimo.”

A nova campaña está a ter unha gran acollida ata o momento, xa que son máis de vinte e cinco negocios de diferentes sectores os que xa oficializaron a súa participación. Rasgos, Lolita Moda, Pacos Moda, Tareixa Ferrer, El cofre de Iris, Rosita Moda, Imán Moda, Clavel, Lencería María Durán, Anelos, Lolita Kids, Chepi, Yaya, Cocoella, Descalciños, Calzados Monchel, Pisa Morena, Calzados Guante y Pillados ofrecerán descontos do cincuenta por cento. Doutra banda, MC Bikes, Joyería Allut, Joyería Petisco, Mundi Art, María Luisa Decoración e Estanco Maruxa incluirán ofertas especiais.

Esta iniciativa inclúe a novidade de que tódolos establecementos asociados abrirán as súas portas o sábado pola tarde co fin de que “ a xente se achegue á vila, e ademais de mercar, tamén poidan tomar un café”, Vázquez.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.