Na Pobra convócanse obradoiros de conciliación para Semana Santa

18 Marzo 2021

A Concellaría de Igualdade da Pobra que dirixe Charo Varela (Nós Pobra) vai organizar os vindeiros días uns obradoiros de conciliación, con vistas a botar unha man ás familias no tempo festivo que se achega o tempo que se poñen en xogo importantes opcións de lecer para a rapazada. Celebraranse os días 29, 30 e 31 de marzo, así como o día 5 de abril. Transcorrerán no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas, e están dirixidos a crianzas nadas entre 2008 e 2017.

O prezo total é de 15 euros por nena/neno, pero aplicarase un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

Ademais, inclúe o Servizo de Madruga, cuxo custo será de 4 euros pola entrada do cativo/cativa a partir das 08.00 horas, e de 6 euros dende as 07.30 horas. Tamén haberá a prestación de comedor para dar maiores facilidades ás familias usuarias.

A data límite para a inscrición é no 25 de marzo a través das oficinas dos Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 09.30 ata as 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.

O Concello explicou que seguirase o protocolo e as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.