Na Pobra, cada veciño reciclou 74’37 quilogramos de residuos durante 2020

25 Marzo 2021

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), informa de que os datos obtidos durante 2020 apuntan que cada pobrense reciclou 74’37 quilogramos de residuos no transcurso do pasado exercicio. Atendendo á recollida selectiva, os envases constitúen arredor de 21 quilogramos, seguidos do vidro (18’65 kg), papel-cartón (15’61 kg), o rexistrado no punto limpo (14 kg), téxtil (4’18 kg), aceite de cociña usado (0’73 kg) e o depositado nos minipuntos limpos urbanos (0’11 kg).

Doutra banda, no concello xeráronse durante o pasado ano case 4.000 toneladas da fracción do resto, o que é, segundo sinala a Concellería, “unha cifra considerábel que contrasta coas 196 toneladas de envases, 174 de vidro e 145 de papel-cartón”. Por iso, dende a Área do Medio Ambiente fan fincapé na utilización de composteiros, xa que contribúen a reducir o peso da fracción do resto, recollida nos contedores verdes, e que representa máis do 90% do lixo xerado. Cómpre lembrar que o Concello lle dá continuidade ao proxecto da compostaxe co repartimento doutros 50 novos composteiros domésticos, o cal foi anunciado no mes de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.