Manuel Gago infíltrase con Nus nos movementos naturistas que baixaron ás praias galegas nos oitenta

15 Marzo 2021

O escritor, divulgador, xornalista, blogueiro e profesor da USC Manuel Gago Mariño (Palmeira 1976), afronta este mes de marzo cunha importante novidade literaria, que engadir aos seus recentes éxitos nas librarías (como o libro de aventuras O exército de fume ou O anxo negro, localizado este último na Costa da Morte e nunha hipotética investigación para recuperar unha figura roubada da Santa Mariña).

Gago volve agora con Nus (Xerais), un libro no que acompañamos as andainas do aristócrata galego Toño Figueroa, integrante, a finais dos setenta e comezos da década dos oitenta, do radical movemento nudista que encheu naquela época algúns dos máis senlleiros areais da nosa terra, como por exemplo o de Arealonga en Porto do Son. No caso de Figueroa e as súas amizades, recalan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Manuel Gago ofrécenos en Nus “un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro”. A novela está dispoñíbel nas librarías dende o pasado 11 de marzo.

Fonte de inspiración: os movementos naturistas dos oitenta

Inspirada nos movementos de loita polo naturismo nas praias galegas a principios dos 80, Nus é unha aposta literaria diferente aos anteriores textos de Gago, tal e como el mesmo fai saber dende o seu blog (Capítulo Cero), se ben engade que os lectores serán quen “de recoñecer claves, escenarios e (seguro) personaxes”.

E explica: “En Nus exploro a sensualidade, o descubrir do sexo, a masculinidade… pero tamén escribo desde a memoria dun protagonista un tanto incómodo, que relata a Galicia entre a transición e a primeira democracia desde un punto de vista pouco habitual na literatura do país. É unha novela dunha persoa, pero tamén dun tempo”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.