Máis de 60 cativos de Lousame participaron nunha sesión formativa sobre a vespa velutina

24 Marzo 2021

O Concello de Lousame imparte estes días sesións formativas sobre os riscos das vespas velutinas e as medidas que se poden poñer en marcha, a nivel colectivo e individual, para pórlles freo nesta tempada primaveral. Este 24 de marzo celebrouse unha destas actividades de divulgación no CPI Cernadas de Castro, na que participaron 61 nenas e nenos. Explicóuselles a orixe do insecto, como foi a súa evolución e invasión no territorio galego e cales son as características que as distinguen das vespas autóctonas.

Durante esta xornada os catro grupos de Primaria fixeron trampas caseiras seguindo as indicacións e explicacións dos especialistas.

As sesións formativas continuarán mañá con 97 nenos e nenas deste mesmo centro educativo.

O Concello de Lousame puxo en marcha unha campaña contra as vespas velutinas a través da difusión e da sensibilización sobre a importancia de capturar as raíñas desta especie, “posto que os meses de marzo e maio son fundamentais para evitar que cando as vespas saían do seu letargo comecen a construír niños”, explicou o Goberno local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.