Galicia debaterá esta semana sobre as oportunidades e ameazas de produción de berberecho

08 Marzo 2021

O martes 9, o mércores 10 e o venres 12 de marzo varios expertos exporán diferentes resultados do proxecto europeo Cockles na conferencia final da iniciativa, que se celebrará de xeito virtual

Galicia e outras rexións da Área Atlántica debaterán a vindeira semana sobre as oportunidades e ameazas da produción de berberecho no marco da conferencia final virtual do proxecto europeo Cockles, Cooperación
para a recuperación das pesqueiras de berberechos e os seus servizos ambientais na Área Atlántica. Esta iniciativa está coordinada pola Fundación Cetmar co apoio do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), dependentes da Consellería do Mar, e naceu no 2017 co obxectivo de recuperar e aumentar a produción de berberecho así como os servizos que
este molusco proporciona nas rexións do Espazo Atlántico da Unión Europea.
A conferencia final do evento comezará o 9 de marzo a partir das 09:00 horas, xornada na que un investigador do CIMA ofrecerá unha conferencia sobre o sistema inmune do berberecho e os patóxenos que poden afectar a este molusco como a marteiliose (totalmente inocua para o ser humano). Ademais un técnico da Universidade de Santiago de Compostela falará sobre a diversidade xenética do berberecho no Espazo Atlántico. Ese día
tamén haberá intervencións de expertos das universidades de Cork, Burdeos, Caen (Normandía) e Bangor (Gales) nas que se tratarán temas como a distribución e dinámicas de poboación do berberecho e o papel que esta especie ten no ecosistema, entre outros.
No segundo día, mércores 10, o representante do CIMA participante nesta conferencia falará sobre a restauración dos leitos de berberecho e o caso de Galicia e a do Cetmar abordará a integración dos contidos novos e os existentes sobre o berberecho nun visor que permitirá atopar sobre mapas toda a información asociada á súa localización xeográfica.
Ademais, o representante da USC sobre as oportunidades da selección para a resistencia ás enfermidades que afectan a este molusco. Nela tamén participarán expertos da Universidade de Lisboa, do Instituto Português do Mar e da Atmosfera (IPMA), do Centro de Ecoloxía e Hidroloxía do Reino Unido e da Universidade de Burdeos.
Neste segundo día tamén se presentará o Inventario de parasitos e enfermidades do berberecho Cerastoderma edule, elaborado no seo do proxecto Cockles coa participación de investigadores do CIMA. Esta publicación proporciona información sobre todos os parasitos
e enfermidades coñecidas do berberecho, utilizando un formato sintético e didáctico coa intención de que sexa útil aos profesionais do marisqueo, xestores do marisqueo e do medio ambiente, investigadores e a calquera persoa interesada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.