“Feminismo= Igualdade”. José Manuel Pena

03 Marzo 2021

Vexacións, abusos sexuais, violacións, violencia machista, asasinatos, discriminación, malos tratos…, son algunhas situacións que aínda están a padecer millóns de mulleres no planeta, e loxicamente España non se atopa á marxe desas realidades. Por iso coas nosas avoas, nais, irmás e fillas seguimos tendo unha débeda pendente: Xustizae Igualdade Real.
Próximo o Día Internacional da Muller, é de fácil constatación de que
nalgúns países de África, Asia ou América Latina as mulleres seguen
sendo meros obxectos, se apenas dereitos. Violadas e asasinadas con total
impunidade, co beneplácito dos propios gobernantes. Maltratadas e
obrigadas a casar cos seus verdugos ou violadores, a idades moi
temperás. Algunhas son queimadas vivas, lapidadas, utilizadas como
escravas, obrigadas a exercer a prostitución ou ben vendidas, literalmente,
para trátaa de persoas nalgúns países que presumen de avanzados e
desenvolvidos.
Todos tiñamos que ser conscientes de que no século XXI as mulleres
non deberían seguir sufrindo todo tipo de discriminacións. En cambio, a
realidade é ben diferente e é por iso que, cada vez máis, o movemento
feminista está máis unido en todo o mundo e é máis consciente da
necesidade de loitar pola Igualdade.
Tamén é certo de que cada vez son máis os países conscientes desta
loita, pero uno dos exemplos nas políticas reais para promover
a igualdade de xénero en Europa é Noruega, un país no que sobre o 80
por cento das mulleres traballan fóra de casa. Aquí as grandes empresas
e multinacionais que non cumpren coa legalidade vixente, en materia de igualdade de xénero, son fortemente sancionadas e descartadas das
axudas públicas.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.