En Ribeira licitada a pavimentación na Gándara en Artes

31 Marzo 2021

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación dirixida á pavimentación dun camiño no lugar de Gándara, na parroquia ribeirense de Artes.

A intención do proxecto reside en dotar ao citado camiño dun novo aglomerado asfáltico (incluíndo os sobreanchos que están actualmente en terra), previo acondicionamento da superficie a pavimentar.

O prezo de licitación ascende a 34.413 euros, IVE incluído. A intervención enmárcase no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son dous meses.

As empresas dispoñen ata o 5 de abril á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...