En Ribeira comeza o prazo para presentar ofertas ás obras da rúa Romero Ortiz

03 Marzo 2021

O Concello de Ribeira vén de anunciar a apertura do prazo para presentar ofertas para a pavimentación da rúa Romero Ortiz.

As obras teñen como obxectivo mellorar as condicións de accesibilidade dende a rúa Romero Ortiz ata a da rúa Cervantes pasando polo Malecón. A actuación constará da creación dunha plataforma única na que vehículos e peóns circulen á mesma cota. Para iso levaranse a cabo a substitución do aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito, para dotar á rúa de dúas zonas diferenciadas cun ensanchamento nas áreas de tránsito peonil.

As empresas interesadas terán ata o 23 de marzo para formalizar a súa proposta de obra, que ten un prezo de licitación de 164.161 euros e un prazo de execución de cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.