En Rianxo organízase o 27 un obradoiro sobre métodos para atrapar raíñas de velutina

17 Marzo 2021

O Concello de Rianxo, en colaboración coa Agrupación Local de Protección Civil, organiza o vindeiro 27 de marzo un obradoiro formativo centrado en achegar recursos e coñecementos sobre trampas e atraentes caseiros para combater as velutinas nos meses de primavera. A actividade Atrapa a nespra centrarase nos métodos dos que podemos botar man para cazar raíñas.

Celebrarase no Liceo Marítimo Rianxeiro a partir das 11.00 horas. O aforamento máximo será de 15 persoas, e reservaranse segundo orde de inscrición. É necesaria a inscrición previa, no telefono 981 860 808 ou por correo electrónico: medioambiente@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Rianxo acollerá esta “finde” unha nova edición do Rock in Rian

Rianxo acollerá os vindeiros 14 e 15 de agosto unha nova edición do Rock in Rian, un festival que converterá o Parque de Galiza nun punto de encontro para a música galega e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través dunha achega de 29.000 euros da liña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.