En Noia o Concello retira vertidos incontrolados en Taramancos

09 Marzo 2021

Por unhas razóns e por outras, case todas relacionadas con incivismo e a suposta comodidade de cada quen, segue presente nos nosos concellos a práctica de botar lixo e todo tipo de desperdicios (algúns deles perigosos e contaminantes) onde mellor lle cadra a quen se desfai deles. En Noia o Concello informou os días pasados de novos e tristes caso de incivismo medioambiental, que motivaron a mobilización da Concellería de Medio Ambiente e dos operarios municipais para retirar puntos de vertidos incontrolados. Desta volta púxose o foco na contorna de Taramancos, onde houbo que apañar grandes cantidades de refugallos a carón dos contedores.

O Concello fixo un novo chamamento aos cidadáns que teiman nestas prácticas para que procuren depositar os residuos e enseres “de forma correcta”, ou “achegalos ao Punto Limpo no Polígono de Augalevada”. O Concello convidou tamén á veciñanza a que denuncie “os comportamentos incívicos de algúns/algunhas para axudar a identificar e sancionar aos/ás infractores/as”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...