En Lousame arrinca este 29 de marzo o programa de conciliación de Semana Santa

23 Marzo 2021

O Concello de Lousame activará este luns 29 de marzo o programa Lousame Concilia Semana Santa, a nova iniciativa local de lecer vacacional para a rapazada. Farao baixo as máis estritas medidas seguridade e achegando nesta nova edición un total de 12 prazas (das que fican dispoñíbeis dúas para días soltos). A iniciativa vén da man do equipo de Igualdade do Concello. Desenvolverase os días 29, 30 e 31 de marzo e o 5 de abril.

O Concello engade que “no pasado mes de decembro as familias realizaron a inscrición neste programa que se desenvolve durante as vacacións de Nadal, Entroido e de Semana Santa, polo que un total de 10 rapaces e rapazas teñen xa a súa praza asignada”.

Agora, as familias interesadas en que os seus pequenos e pequenas asistan a este programa deben reservar a praza no día anterior a través do teléfono 616 345 812 en horario de 09.30 a 14.30 horas durante as xornadas do programa e de 07.45 a 09.00 horas antes do día 29 (primeiro día do Lousame Concilia Semana Santa).

En total haberá dúas persoas monitoras responsábeis das actividades lúdicas, deportivas e culturais que se proporán aos nenos e nenas que participen nesta iniciativa.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, sinalou que “este proxecto é mostra do compromiso do Executivo coas realidades das familias lousamiás. A nosa intención é facilitar a conciliación familiar e laboral da nosa veciñanza”.

O programa Lousame Concilia está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e polos Fondos Sociais Europeos.

Outros artigos

Activo un incendio forestal na parroquia de Lesende, en Lousame

O lume orixinouse pasadas as 17:30 horas deste venres e polo de agora descoñécese a superficie provisional afectada. Medio Rural mobilizou un amplo despregamento con catro avións, nove helicópteros e trece brigadas. A.C. Bombeiros Boiro Os servizos de extinción...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.