En execución o proxecto de renovación de luminarias en Rianxo

31 Marzo 2021

O Concello de Rianxo está a realizar nestas semanas o troco de luminarias previsto no proxecto Renovación e adaptación do alumeado público, proxecto que pretende dotalo de eficiencia enerxética e que prevé a súa substitución progresiva por lámparas led e instalación de novos cadros de mando.

Nesta fase o proxecto, financiado nun 80% polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía-Ministerio de Transición Ecolóxica) e nun 20% polo propio Concello, contempla a substitución dun 60% (2033) das luminarias totais do municipio e do 65% dos cadros de mando. Son 63 cadros dos 90 dispostos na rede para dotalos de, entre outras melloras, elementos de telexestión o que redundará na eficiencia. As luces contan cunha garantía mínima de cinco anos asumidas pola empresa suministradora que se encargará da súa substitución en caso de fallo técnico.

O proxecto da comezo nesta fase primeira no rural de Rianxo, mellorando substancialmente as instalacións e iluminación en boa parte dos núcleos. Estase traballando xa nunha nova axuda ao IDAE para acometer o troco restante de luminarias e abranguer todo o concello. No casco de Rianxo e polígono empresarial, este na súa totalidade, xa se acometeran algunhas actuacións puntuais. que nun futuro se completarán nunha segunda e definitiva fase, así como outras axudas públicas que poidan surxir.

O nivel de satisfacción da veciñanza semella alto nos lugares onde xa se produciu o cambio, que nestes momentos vai polo 50% do previsto, cuns estándares de iluminación para as diferentes vias moi elevados e nas que as ferramentas tecnolóxicas permiten mesmo graduar a luz existente para rebaixarse en tramos horarios e adaptarse ás condicións de tránsito existentes.

A empresa gañadora do concurso foi IMESAPI, por un importe final de 757.649,4 euros fronte a outras dezaseis propostas baremadas. Contempla tamén diferentes melloras como dez mil metros de cable, elementos de seguridade, 600 brazos de aceiro, dez farolas para pasos de cebra e a telexestión. Esta empresa foi tamén encargada de realizacións na Pobra, Castelló, Almendralexo ou Yaiza.

O importe total do proxecto adxudicado ascende a 757.649 euros. En canto á potencia instalada, baixará de 233.390 Kw anuais a 110.630 Kw. e o consumo un 67,41%. En termos económicos, prevese un aforro do 59,83 % da factura actual. No que se refire á baixada de carbono pasaríase de 525 toneladas de emisión a 210 toneladas anuais e tamén hai que ter en conta a redución da contaminación lumínica.

Esta medida é unha das contempladas no recentemente aprobado Plan de Acción para ou Clima e a Enerxía Sostible, PACES, que prevé a redución gradual de emisións de CO2 nos sectores chave do 50 % en edificios municipais, o 60 % na iluminación pública e o 40 % nos edificios privados/terciarios e do transporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.