En Boiro os casos positivos por COVID-19 seguen sen aumentar e mantense no nivel medio

29 Marzo 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 29 de marzo unha nova xuntanza de traballo da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19 para facer unha análise da evolución da enfermidade no municipio.

Na reunión abordouse a incidencia da pandemia así como a determinación de medidas de control da poboación que se van a levar a cabo para evitar contaxios. Así, segundo os datos da Consellería e Sanidade os casos positivos no municipio seguen sen aumentar e mantense no nivel medio, baixo de restricións.

Doutra banda, comentouse a labor da Policía Local de Boiro, que interpuxo nos últimos días un total de 8 denuncias por incumprimento das medias específicas decretadas para o control da pandemia. As denuncias foron por fumar na vía pública sen manter distancia de seguridade, incumprir o toque de queda, reunións de persoas superando o máximo permitido e beber/comer na vía pública sen respectar distancia de seguridade.

Deste xeito, dende o 26 de febreiro, efectuáronse un total de 94 denuncias, así como Servizos Sociais e Protección Civil seguen realizando a súa labor, tanto de coordinación como de limpeza e desinfección, respectivamente. Dende o Concello anuncian que a Policía Local de Boiro vai a intensificar as tarefas de vixilancia como motivo dos festivos de Semana Santa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...