En Boiro licitadas as obras para mellorar a seguridade viaria na avenida de Compostela

30 Marzo 2021

O Concello de Boiro vai executar obras para a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade no entorno dos centros públicos de ensino da avenida de Compostela. A actuación está agora en licitación, por un importe de 50.087,49 euros e vaise levar a cabo co financiamento da Deputación da Coruña, con cargo ao Plan Único Concellos POS 2020.

A obra que se pretende executar discorre polo casco urbano de Boiro e, segundo informa o Concello, “con ela preténdese dotar de seguridade a unha zona moi sensíbel da avenida de Compostela xa que, nuns 200 metros, se concentran os accesos a dous centros públicos de ensino de primaria e un centro de ensino público de secundaria e bacharelato”. Estes treitos concentran en horas puntuais importantes afluencias de escolares, vehículos particulares e transporte público, nos momentos de entrada e saída das aulas.

A actuación que se vai levar a cabo pretende xerar “un espazo de máxima seguridade viaria limitado a 30 km/h”. Será, engade o Goberno boirense, totalmente accesíbel e contará con percorridos seguros para entrar dende a rúa aos centros de ensino.

A obra contempla a reparación das beirarrúas actuais, que segundo lembra o Concello “teñen numerosas deficiencias e barreiras arquitectónicas”, por unhas de pavimento continuo e totalmente accesíbel que permitan un acceso cómodo e seguro aos centros.

Vanse executar tamén pasos de peóns elevados, cunha función dupla: por unha banda a de permitir un paso sen obstáculos para persoas con mobilidade reducida e, pola outra, servir de elementos redutores de velocidade na zona de acceso aos colexios.

“Para intensificar a seguridade viaria vaise reforzar a sinalización do chan e instalaranse redutores de velocidade”, explicou o Concello, engadindo que tamén se procederá á renovación das luminarias, eliminando as obsoletas e instalando unhas de menor altura e maior rendemento.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.