En Boiro a Xunta destaca a importancia económica do oficio da carpintería de ribeira

06 Marzo 2021

A carpintería de ribeira foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2019 e constitúe un sector con gran potencial comercial tanto para actividades profesionais como de lecer.

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta semana en Boiro as instalacións do obradoiro Asteleiros Triñanes, unha
carpintería de ribeira con máis de 40 anos de traxectoria que forma parte da marca Artesanía de Galicia. Durante a súa visita, na que estivo acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, Manuel Heredia destacou a relevancia da carpintería de ribeira como un dos oficios artesanais con maior tradición, ao tempo que conta
cun gran potencial comercial tanto para actividades profesionais, como a pesca ou a acuicultura, como para actividades de lecer.
Asteleiros Triñanes é unha empresa artesanal que basea o seu traballo na aplicación de novas técnicas de construción naval en madeira e na utilización das últimas tecnoloxías, co obxectivo de ofrecer embarcacións modernas, eficaces, seguras e de alta calidade. Estas técnicas máis innovadoras conviven cos procedementos artesanais e co emprego da
madeira como materia prima principal, que fan da carpintería de ribeira unha actividade ecolóxica e cun impacto case nulo nas emisións de CO2. Asteleiros Triñanes é unha empresa cunha traxectoria consolidada no sector da construción naval en madeira e resultou finalista do Premio Nacional de Artesanía 2012.

O director xeral tamén puxo en valor o traballo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), da que Asteleiros Triñanes forma parte, por manter a tradición artesanal da construción naval en madeira e por contribuír ao sostemento dunha importante industria.
Agalcari conta con 20 estaleiros asociados, dos que 10 son carpinterías de ribeira artesanais inscritas na marca Artesanía de Galicia. A carpintería de ribeira é un oficio tradicional que forma parte do patrimonio inmaterial e da cultura marítima galega, e que foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2019.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...