“Día do pai”. Manuel Domínguez III

20 Marzo 2021


Para o reverso hoxe non é o día.
Di el, ao meu pai débolle a vida.
Non, a vida non, a vida e algo máis, que necesidade tenia o teu pai de ir seis meses a augas de Terranova ou a Sudáfrica, pasando coa túa nai 2 períodos de non máis de 50 días ao ano, para darche para comer podía traballar en terra, pero el sacrificouse por ti para que puidese estudar, para vivir ben.
Ou traballar no campo desde que sae Lorenzo ata o Ocaso, coa única intención que un día o teu non foses un sacrificado como el.
Como ese xeneral pon firmes á tropa e logo en casa, quitado o uniforma, sóbesche ás costas fai de caballito para a túa goce.
Lembras cando suspendiches, esperaba a gran rifa e recibes un telegrama animo segue estudando.
Era eu moi nova dirección Coruña, Castromil, nunha parada de aldea vexo subir un señor non ben vestido cunha maleta de cartón, esquinas de metal cor oro, atada cunha corda, ao pasar ao meu lado observo como unha lagrima percorre o seu rostro en silencio, e eu pregúntome o porqué.
Despois coñecería a dor, o sacrificio da emigración.
Ti lembras o día que viches a luz, pero o teu pai lembra o día, o momento que o ovulo foi fecundado, porque non es froito dun descoido inconexo, es froito do amor.
Cando neno o teu pai é grande, forte todo sábeo, é valente, ao seu lado séntesche seguro, tes todo garantido, non te preguntas o porque é así, simplemente é así.
Só viches chorar ao teu pai, o día que camiño a dar a última visita ao avó, en silencio viches que pola súa fazula corría unha silenciosa lagrima, vísteslle débil, un medo sen permiso percorreu o teu corpo, pero máis tarde, dixeches Que grande é o meu pai!
A grandeza dunha lagrima, a fortaleza da debilidade.
Dixo un día a “ mater et magístra” o home que non sabe chorar, non sabe amar. A vida non se paga cunha chamada de teléfono.
Por que os fillos aprenden do que fan os pais, os fillos pisan as pegadas dos pais, e estamos a educar pais.
Que este non sexa un día máis, sexa un día un pouquiño especial, lembra que un día fuches capitán ou raíña no corazón, dun Emperador sen Imperio.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...