Concello e Costas traballan para mellorar o litoral noiés

26 Marzo 2021

O Consistorio de Noia recibiu esta semana a visita de Rafael Eimil, xefe da Demarcación de Costas en Galicia, e de Ricardo Babío, xefe de Servizo e proxectos da Demarcación de Costas. Participaron, cos representantes do Concello (incluído o alcalde Santiago Freire) nunha mesa de traballo para analizar cuestións relativas ás obras da fachada marítima (traballos que se agarda estean rematados antes do remate do verán e que inclúen a ampliación da rotonda que une a ponte do Campo das Rodas cos peiraos de Gasset e Cardaso, ademais da construción dunha pasarela cunha plataforma paralela ao tránsito peonil).

Tamén se abordaron vindeiras actuacións como a de Abruñeiras-Barro, onde se vai enlazar o final do paseo marítimo coa zona do Talleraco. Esta obra súmase as realizadas pola Demarcación de Costas en Testal cun investimento de 400.000€

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.