Comeza en Noia a cuarta edición da Campaña contra a Velutina

22 Marzo 2021

O Concello de Noia quere saír ao paso da máis que probábel proliferación de niños de vespas velutinas no termo municipal, agora que xa estamos mergullados na tempada primaveral. Por esta razón e co obxectivo de combater a presenza desta especialmente prexudicial especie invasora, pon en marcha a cuarta Campaña contra a Vespa Velutina.

A iniciativa, que vén da man da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Martín Fernández Godón, é unha proposta participativa que tenta mobilizar á veciñanza para traballar de xeito conxunto na localización e captura de vespas asiáticas, para o cal achegaranse trampas específicas. Medio Ambiente fai saber que as persoas interesadas en facerse cunha trampa deben dirixirse ao Consistorio, no segundo andar, e presentar unha solicitude. O prazo para presentar as solicitudes comeza este martes 23 e remata o 15 de xuño.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.