Comercios, locais, asociacións e consistorios únense á campaña de Amicos para celebrar o Día do Autismo

26 Marzo 2021
O Concello de Boiro sumándose ás celebracións

A Asociación Amicos está celebrar o Día do Autismo (o vindeiro 2 de abril) con diversas actividades de divulgación e sensibilización, desenvolvidas a través da campaña Suma en Azul presentada este luns. A axenda inclúe accións colaborativas cos comercios, as administracións e os establecementos de hostalería dos concellos do Barbanza, que teñen a opción de sumarse á campaña e solidarizarse coas persoas que teñen o dito trastorno, co obxectivo de visualizalas, derrubar estereotipos e falsas crenzas e contribuír á súa inclusión plena.

O escaparate de Floristerrae en Ribeira

Segundo informou Amicos, a campaña está a ser un rotundo éxito, cunha manchea de locais e edificios públicos implicados (por exemplo os Consistorios de Noia, Porto do Son, Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra, que contan coas pancartas de Suma en Azul achegadas por Amicos e creadas na súa fábrica social polos membros da asociación).

O escaparate de Trastiños en Ribeira

Dende Amicos queren dar as grazas a todos os participantes por sumarse a esta campaña de #Azulízate en favor do autismo e para derrubar os muros de silencio que penden sobre trastornos como o TEA co gallo do seu Día Internacional, que se celebra o próximo 2 de abril. Neste senso, a asociación agradece especialmente a implicación de todas as asociacións locais de comerciantes que están axudando a divulgar a campaña: a Asociación Boirense de Empresarios, a Asociación de Empresarios de Ribeira, a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Autónomos da Pobra, a Asociación Rianxeira de Empresarios e máis Noia Histórica.

O obxectivo é tinguir de azul os escaparates e as rúas do Barbanza para “que a cidadanía tome conciencia da importancia de romper as barreiras en torno as persoas con Transtorno do Espectro Autista (TEA) facendo unha sociedade máis accesíbel para todos”.

A campaña comezou este luns e durará ata a próxima semana.

A fachada do Consistorio de Porto do Son

Amicos solicita especialmente aos comercios que remitan fotografías para poder socializar a mobilización a través das redes sociais, onde serán divulgadas as fotografías entre os máis de 5.000 seguidores.

O Trastorno do Espectro Autista é unha das áreas de traballo de Amicos. Na actualidade, Amicos presta atención a máis de 25 persoas con TEA.

Como peche de campaña, a próxima semana a asociación lerá un manifesto nas instalacións do Concello de Ribeira da man dun compañeiro de Amicos con autismo, Juan Pombo. Ao acto asistirá Fabiola García, conselleira de Política Social, así como o alcalde de Ribeira e outros persoeiros institucionais.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...