Boiro conmemora cunha manchea de actividades o Día da Muller

03 Marzo 2021

O Concello de Boiro, a través das Concellerías de Política Social e Educación, vai conmemorar cunha serie de actividades seguras a sinalada data do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O programa, dirixido á poboación xeral e aos centros educativos do municipio boirense, foi dado a coñecer este mércores polas responsábeis de ámbolos departamentos.

Un dos eixos centrais da axenda será a inauguración, o 8 de marzo na Casa Consistorial, da exposición Muller, tradición e baile en Boiro, unha mostra que achega unha óptica feminina sobre o baile tradicional con fotos das distintas asociacións do municipio.

Xunto coa inauguración desta mostra, ás 12.00 horas, vaise proceder tamén á lectura do manifesto institucional por parte das persoas representantes das distintas entidades que participan na exposición. Esta estará integrada por un total de 25 fotografías das asociacións Xilbarbeira, Pedra de Aroña, Abeloura, Nunca é Tarde e Cen Pliés e estará exposta no andar baixo da Casa Consistorial de Boiro durante o mes de marzo, logo será itinerante por todos os centros sociais do municipio.

A maiores, o Concello impulsa outra actividade expositiva sobre as mulleres represaliadas. Senlleiras é unha exposición realizada pola entidade Unión de Muchachas gracias a un traballo de investigación sobre mulleres locais sobranceiras que destacaron en diversas facetas e que estará durante o mes de marzo no Centro Social de Boiro.

A maiores, para o día 8 de marzo os departamentos de Educación e Cultura do Concello prepararon un espectáculo destinado aos centros docentes do municipio. Historias de cinema de man de Alice Guy, a nai do cinema, é un espectáculo de Raquel Queizás que mestura narración con teatro e audiovisual e que pretende espertar nos nenos e nenas o amor polo cinema a través da figura de Alice Guy, unha muller pioneira en dirixir cine de ficción que foi actriz, guionista, deseñadora, produtora, cómica… Debido ás restricións sanitarias, vanse realizar dúas funcións con capacidade limitada e control de acceso para os centros de ensino do municipio no auditorio da Casa da Cultura de Boiro. Unha será ás 10.00 e outra ás 12.00 horas e retransmitiranse en directo vía streaming para o resto do alumnado, que poderá ver os espectáculo durante esa mañá no propio centro.

Todo o mes de marzo

Segundo confirmou o Concello, a programación con motivo do 8-M cos centros continúa durante todo o mes de marzo en Boiro. Dende o departamento de Cultura vaise impartir un conto sobre igualdade que leva por título Daniela a Pirata e que trata sobre os estereotipos nas profesións. Será itinerante para o alumnado de cuarto curso dos distintos centros.

A maiores, os centros educativos do municipio van levar a cabo de maneira conxunta un proxecto titulado As mulleres da nosa vida, que vai consistir nunha exposición fotográfica coa que se pretende render homenaxe ás mulleres importantes do alumnado que participa. Esta mostra estará exposta para o público xeral durante o mes de marzo na Casa da Cultura de Boiro.

Para rematar, dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro impartiranse nos centros de ensino do municipio charlas de promoción da igualdade para alumnado de primaria sobre a invisibilidade da muller dos libros de texto e as mulleres na arte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...