“As mulleres temos nome”. Celia García Pillado

07 Marzo 2021

No ano do centenario do afundimento do Santa Isabel, unha das catástrofes máis importantes en Galiza, relatada en infinidade de publicacións: artigos, libros e incluso levada ao cine, por certo, non sen certa polémica, por como son narrados os feitos (nunca chove a gusto de tod@s), todos escritos dende a perspectiva do autor, pero todos eles teñen un nexo en común: en todos eles se nomea a estas mulleres como “As heroínas de Sálvora”. É certo que tamén se fai mención aos seus nomes pero creo que non se lles dou a visibilidade que se merecen como María, Cipriana e Josefa. Sempre se fai referencia a elas en conxunto, nunca como persoas individuais. E, se fosen homes, pasarían a formar parte da historia do mesmo xeito?
Este é so un exemplo das millóns de mulleres que durante séculos foron invisibilizadas en todos os ámbitos. O sistema patriarcal condenou ás mulleres ao ostracismo máis absoluto, e elas non podían ser a excepción.
Este ano no que corren ríos de tinta e voces nos faladoiros dos medios de comunicación sobre se é procedente ou non, polo tema da pandemia, organizar concentracións polo oito de marzo, data icónica para o Movemento Feminista en todo o mundo, porque as mulleres xa alcanzamos a igualdade total, relatan algúns deles, sobre todo dende a dereita máis reaccionaria.
Discrepo profundamente. Creo que hoxe máis que nunca debemos saír á rúa a esixir os nosos dereitos. Precisamente nestes tempos onde no nome da crise sanitaria as mulleres fomos as peor paradas, retrocedendo nos dereitos máis elementais: precariedade laboral, facernos cargo dos coidados dos maiores e nen@s, violencia machista, etc.
Cos anos de loita que levamos dende os movementos feministas e os sacrificios que as nosas antecesoras tiveron que sufrir, incluso moitas delas o pagaron coa súa propia vida, parece que non foron moitos os avances conseguidos despois de séculos de loita cando temos que escoitar
que as nosas reivindicacións poden esperar.
Seguimos a ser discriminadas en moitos ámbitos da sociedade: somos minoría nas cúpulas das institucións, da política, do Poder Xudicial, nos Consellos de Administración das grandes empresas… A brecha salarial e o teito de cristal seguen presentes na vida das mulleres.
A nosa loita ten que continuar, temos que avanzar no reparto igualitario das tarefas, educar a nenos e nenas en igualdade real, seguir ese camiño longo e tortuoso para poder vivir en igualdade e liberdade.
Hoxe puxen o foco en María, Cipriana e Josefa para demostrar que seguimos sendo invisibles. E pido que de unha vez por todas sexan recoñecidas polos seus nomes propios.
Porque foron somos, porque somos serán.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.