As confrarías e agrupacións mariscadoras poden solicitar xa as novas axudas da Deputación da Coruña

10 Marzo 2021

A Deputación da Coruña vai destinar este ano 462.000 euros ao fortalecemento (de xestión, de operatividade, de servizos e de equipos humanos) da actividade das confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña. Este 10 de marzo abriu o prazo para que as entidades beneficiarias poidan solicitar as subvencións. Destinaranse á contratación de persoal e á modernización dos procesos de produción e comercialización.

O deputado responsábel da área de Promoción Económica, Blas García, subliñou “a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos”. E engadiu: “Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico que no último ano tamén se viu seriamente afectado pola pandemia, pero que segue liderando as cifras de pesca fresca, con máis de 78.000 toneladas de peixe, o 52% do total de Galicia, vendidas o ano pasado”.

Blas García anunciou que este mércores 10 de marzo a Deputación abre o prazo de solicitudes desta liña de subvencións, que se poderán tramitar de xeito telemático a través da plataforma SUBtel ata o vindeiro 31 de marzo ás 14.00 h. O deputado lembrou que o ano pasado 30 pósitos e agrupacións de mariscadoras e mariscadores recibiron o apoio económico da Deputación para manter a súa actividade.

A través deste programa de apoio ás confrarías, os pósitos dos concellos coruñeses poden optar a axudas de entre 1.000 e 30.000 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, alugueiro de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixilancia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.