As celebracións da Semana Santa en Porto do Son poderán seguirse a través do Youtube do Concello

23 Marzo 2021

Se ben a Semana Santa de 2021 está claro que non será como ningunha outra das anteriores á pandemia, a experiencia acumulada das autoridades e da cidadanía ao longo deste ano de restricións e medidas anti-COVID vai permitir certa marxe de acción. Unha acción limitada e responsábel, como a que propón o Concello e a cidadanía de Porto do Son, grazas tamén ao labor da Confraría da Paixón do Noso Señor.

Estes días puidemos coñecer o programa local de celebracións da Semana Santa: unha axenda elaborada para seguir de maneira exhaustiva todos os protocolos de prevención fronte á COVID e que ofrecerá aos fregueses a posibilidade de seguir as celebracións a distancia a través do sitio en Youtube do Concello de Porto Son, engadindo polo tanto un extra de seguridade. Tamén se poderá facer seguimento a través das redes sociais do Concello e da dita Confraría.

Este sería o programa previsto:

· A axenda comeza este 26 de marzo, Venres de Dolores, ás 20.00 horas, coa misa solemne á Virxe das Dolores en memoria dos cofrades falecidos.

· O 28 de marzo, Domingo de Ramos, celebrarase a bendición dos ramos e a misa solemne a partir das 12.00 horas.

· O 30 de marzo, Martes Santo, está prevista unha misa ás 20.00 horas, e máis o rezo do Viacrucis.

· As actividades proseguirán o 1 de abril, Xoves Santo, coa Misa da Cea do Señor, ás 18.00 horas.

· O 2 de abril, Venres Santo, celebrarase a Paixón do Señor a partir das 18.00 horas.

· O 3 de abril, Sábado Santo, desenvolverase a Vixilia Pascual a partir das 18.00 horas.

· O 4 de abril, Domingo de Pascua, oficiarase a misa solemne da Resurrección do Señor a partir das 12.00 horas.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.