A fiscalia solicita prisión para un veciño da comarca por abusar sexualmente da súa sobriña menor de idade

18 Marzo 2021


A Audiencia Provincial acollerá a próxima semana o xuizo dun veciño da comarca para o que a fiscal solicita cinco anos de prisión por abusar sexualmente da súa sobriña menor de idade.

Segundo recolle a acusación os feitos ocorreron desde que a nena tiña 8 anos ata que cumpriu 12 ou 13. A menor tivo que recibir asistencia psicolóxica por este motivo. Ademais, pídese que indemnice á súa sobriña con 10.000 euros.

Tamén outro veciño da comarca, con antecedentes penais, enfróntase a unha pena de tres anos e nove meses de prisión por unha agresión nun pub de Ribeira. O agredido perdeu tres dentes e necesitou tratamento médico. Os feitos producíronse en abril do ano 2015.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou seves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitudede xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague aluz...