A Escola Infantil Municipal de Ribeira abre o prazo para matricularse no próximo curso

A Escola Municipal de Ribeira abre este luns, 22 de marzo, o prazo para matricularse no vindeiro curso 2021 – 2022. A data límite para a inscrición será o 23 de abril.

Os interesados deberán descargar a solicitude de novo ingreso a través da web do Concello de Ribeira. Tamén poderán inscribirse na Oficina de Atención Cidadá da Casa do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios. Para máis información é preciso acudir ao Departameto de Servizos Sociais Comunitarios de modo presencial ou chamar aos teléfonos 981377510 ou  981874131 de luns a venres.