Xoves con alerta por vento, choiva nas primeiras horas e forte ondada

17 Febreiro 2021

O xoves Galicia estará afectada polo paso dunha fronte na primeira metade da xornada. Deste xeito, comezaremos o día co ceo parcialmente nubrado e con chuvias, que irán remitindo co avance da mañá para quedar cunha tarde de alternancia de nubes e claros. As temperaturas mínimas experimentarán ascensos no interior e as máximas lixeiros descensos. O vento soprará de compoñente oeste, virando a compoñente sur cara á noite e aumentando a forte.

Depresión de 980 mb ó norte das Illas Británicas. Depresión de 960 mb no Atlántico, achegándose a Irlanda.

Atención para xoves:Vento de compoñente sur forza 7 nas primeiras horas da xornada entre A Guarda e Estaca de Bares.

No noso mar: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 5 a 7 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:441.2 m
Preamar07:573.1 m
Baixamar14:061.2 m
Preamar20:202.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:341.2 m
Preamar07:493.1 m
Baixamar13:581.3 m
Preamar20:122.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:391.2 m
Preamar07:553.1 m
Baixamar14:021.2 m
Preamar20:162.9 m
Prognóstico xoves as 15 horas

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.